Amigus Labs • Maker 20.2

¿Gústache argallar? ¿Ver os proxectos dos demáis? ¿Tes algún proxecto en mente? ¿Precisas axuda? ¿Algunha ferramenta?

479

¿Gústache argallar? ¿Ver os proxectos dos demáis? ¿Tes algún proxecto en mente? ¿Precisas axuda? ¿Algunha ferramenta?

No fablab pontés tes o que precisas. Impresoras 3D, cortadora CNC, estacións de soldadura… e máis argalleiros para axudar no que precises.

En Amigus Labs estamos remantando a montaxe dunha impresora 3D de gran formato. Podes participar na parte de configuración do Marlin da impresora, coñecer este modelo de impresora 3d: como funciona, de que partes se compón cada unha das súas pezas e como se configura e nivela.

Ademáis se queres coñecer como funciona o Fab Lab, que actividades realizamos ou como asociarte para poder empregalo, teremos unha xornada de portas abertas.

Para asistir, este sábado 10 de outubro, só é necesario reservar a túa praza escribíndonos a amigus@amiguslabs.org, estaremos de 10:00 a 14:00 en Amigus Labs na Praza do Hospital nº 14 (As Pontes).

Máis información en https://www.amiguslabs.org/amigus-labs-maker-20-2/

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios