Charlas de AV con software libre

Os vindeiros sábados, 17 e 24 de outubro, realizaremos duas charlas de producción e edición de audio e vídeo con ferramentas libres. Realizarémolas por streaming e poderás seguilas por Jitsi ou youtube.

119

17 de outubro en horario de 11.00 a 12.30:
Charla de introdución ao podcasting con audacity

Nesta charla falaremos sobre como está o panorama do podcasting actual e que necesitas para iniciarte neste mundo, tanto desde unha forma low-cost como dunha forma máis profesional.

Aparellos para gravación, software de gravación e edición, plataformas onde aloxar o teu podcast…

Tempo aproximado: 1,5 horas

24 de outubro en horario de 11.00 a 12.30:
Charla de introdución á edición de vídeo con Shotcut

Nesta charla falaremos sobre como iniciarse no mundo da edición de vídeo, consellos para mellorar as gravación, plataformas onde aloxar os teus vídeos…

Tempo aproximado: 1,5 horas

Para seguir as charlas, poderás facelo mediante Jitsi ou Youtube.

Se queres usar Jitsi deberás de rexistrarche no formulario en AmigusLabs.org, para que che enviemos antes do inicio da charla a ligazón de acceso á sala. En Jitsi poderás participar dunha forma máis interactiva na charla, mediante o chat ou micro poderás realizar preguntas.

Se queres por Youtube, publicaremos nas redes sociais a ligazón para seguilo o mesmo día da charla.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios