AMIGABLE. CD AS PONTES 4 – UD SOMOZAS 4

O As Pontes remonta e salva o derbi ante un gran Somozas

323

As Pontes e Somozas poñían este sábado fin á pretemporada antes do comezo da Liga a vindeira semana, na que os ponteses visitan ao Silva e os das Somozas reciben ao Deportivo B de Valerón. Os azuis viñan de un 4-0 ante o Racing Xuvenil, 2-2 en Viveiro, e 1-0 en Paiosaco co tempo cumprido. 

Moi cedo se poñían os visitantes por diante cando tras un pase en profundidade marchouse so Iago Blanco, regateou a Bugy, e marcou a porta baleira (2´). Empataban os locais tras un centro de Artai dende banda dereita, no que o balón rebota na man de Pacheco, sinalando o colexiado penalti, que transformou Mitogo anotando contra o seu ex equipo (33´).

Ao borde do descanso Pablo Rey estrelou unha falta no longueiro e no posterior saque de córner, era Pacheco quen conseguía controlar o balón co corpo dentro da área e bater a Bugy de forte disparo (45´). Na segunda metade ampliaban a ventaxa os visitantes tras un saque de falta lateral maxistralmente executado por Pablo Rey, un luxo para esta Terceira División, que se colaba pola escadra (59´).

Tras unha internada de Pardo, Barbeito derribao entrándolle por detrás, sinalando penalti o colexiado, pena máxima que transformaba Óscar Martínez apretando o marcador (68´), aínda que pouco duraba a ledicia local, porque nunha xogada por banda dereita Toni desfaise de Breijo, centra á área pequena, Luis anticípase a Paco e peitea o esférico ao fondo das mallas (73´).   

Pero nun arreón final os locais lograron salvar o derbi, e tras un pase en profundidade, cabalga Pardo, centra, e chegando só ao segundo pau anota Quique (77´). Posteriormente era o tanque de Ortigueira quen nunha gran xogada recibe un pase do seu ex discípulo no cadete pontés, Jandro, desfaise do seu marcador, regatea a un defensa, e dende o borde da área marca de tiro cruzado pegado ao pau (80´) situando o 4-4 definitivo.

4 CD As Pontes. Bugy (Paco 45´), Pajaro (Berto 45´), Moya (Edgar 78´), Alex López (Dani 45´), Pita (Breijo 45´), Adrián (David 45´), Gonzalo (Óscar 45´), Vilela (Pardo 45´), Iñaki (Jandro 78´), Artai (Quique 45´), Mitogo (Alex Del Río 45´). 

4 UD Somozas. David, Toni, Barbeito, Pacheco (Rafa 52´), Alex Cabarcos, Alberto, Bruno Bellas (Aldán 57´), Luis Nuño (Dani 45´), Marcos Álvarez (Luis Chacón 45´), Pablo Rey (Brais 60´), Iago Blanco (Rojo 45´).   

Goles: 0-1, Iago Blanco (2´), 1-1, Mitogo, de penalti (33´), 1-2, Pacheco (45´). 1-3, Pablo Rey (59´), 2-3, Óscar Martínez, de penalti (68´), 2-4, Luis Chacón (73´), 3-4, Quique (77´), 4-4, Rubén Pardo (80´). 

Incidencias. Campo de O Poboado. Máis de 150 espectadores.  

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios