Comezo do cursiño de inglés da Irmandade As Pontes – Lesneven

Como xa vén sendo habitual, o cursiño de inglés da Irmandade As Pontes-Lesneven dará comezo este mes de outubro.

127

Para adarptármonos ás medidas de prevención da COVID-19, este ano deixaremos a nosa aula habitual no soto da Casa Dopeso e trasladarémonos ao local municipal da Área Recreativa José Ferro (“local do polbo”). As clases terán lugar os martes e os xoves de 20:00 a 21:30 h. e estarán divididas en dous grupos segundo o nivel dos participantes. Será obrigatorio o uso de máscara e haberá xel para a desinfección de mans. Todas aquelas persoas interesadas deberán asistir á presentación o día 15 de outubro ás 20:00 h. ou chamar ao teléfono 653407886. Tamén se pode solicitar información enviando unha mensaxe ao Facebook da Irmandade: https://www.facebook.com/Irmandade-As-PontesLesneven-748264261994511

Se sempre quixeches aprender ou practicar inglés nun ambiente informal, este é o teu cursiño. Estámoste agardando! 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios