Tres podiums na 58.º Travesía da Ría de Foz para os padexeiros do Xuvenil

148

Este domingo celebrouse a 58.ª edición da Travesía Ría de Foz cunha alta participación de deportistas galegos e asturianos, demostrando unha vez máis que o piragüismo, como outros deportes ao aire libre, pode practicarse incluso na situación actual con seguridade, inda que sempre con precaución.

O equipo pontés participou con parte do seu equipo cadete e un k2 veterano e acadaron os seguintes resultados:

En homes cadetes Antón García e Pablo Vispalia foron terceiros no k2 e Fran Gabeiras 17.º no k1 despois dunha desafortunada caida provocada polas ondas que normalmente fan acto de presencia en esta regata. En mulleres e na mesma categoría, Celia Durán acadou a primeira posición, sendo tamén o primeiro k1 muller en entrar na meta, e Inés Domínguez foi 6.ª, e xa, para rematar, os veteranos Antonio Polo e Ernesto Gancedo venceron na súa categoría en k2.

A vindeira fin de semana o equipo do Xuvenil-Matojoma desprazarase a Ribadumia para a ultima regata da liga galega da tempada.

Fotos: Federación Galega
Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios