SEGUNDA B. O ESTEO FS-XOVE FS (5-4)

Triunfo do Esteo no último suspiro nun encontro que lle empataron por tres veces

4

Gran e sufrido triunfo do Esteo ante un conxunto da Mariña que conseguía igualar marcador prácticamente a cada momento en que se adiantaban os locais. 

Era Rubi o que facía o primeiro coa súa habitual pillería, tras aproveitar un rexeite dentro da área (3´), e logo era Jacobo o que poñía o segundo, cun tiro cruzado tras saque de córner (10´). Pero antes do descanso igualaban os lucenses tras un remate por alto de Bruno (14´) e un forte disparo de Mini (17´). 

No segundo período tras un tiro ao poste de Troncho, recolle Rubi o rexeite, sendo derrubado, cun penalti que transformaba Jacobo (23´), pero pouco duraba a ledicia, pois tras unha perda dentro da área de Héctor, o goleador Manu Jiménez recorta a Jesús e marca a porta baleira (24´).

Voltabanse a adiantar os locais cun golazo de Rubi en xogada persoal (33´), pero tras un falta moi ben executada, Manu sirve a Pancho que remata a pracer só dentro da área (34´).

Arriscou o Esteo con porteiro xogador nos últimos minutos, e Jacobo cunha bonita parábola conseguía introducir o balón pegado ao segundo pau (38´). Os cinco goles, da dupla ex do Parrulo. Os visitantes, tamén con xogo de cinco, apretaron no último tramo, pero o marcador non se moveu e os ponteses son terceiros con 10 puntos, visitando ao líder, Ribeira de Piquiín. 

O ESTEO FS. Jesús, Héctor, Troncho, Bruno, Rubi – Jhony, Jacobo, Aitor, Alberto, Cokito.

ONDE SEMPRE XOVE FS. Fajardo, Pancho, Manu, Gomes, Bruno – Chema, Semedo.

GOLES. 1-0, Rubi (3´), 2-0, Jacobo (10´), 2-1, Bruno (14´), 2-2, Mini (17´). 3-2, Jacobo (23´), 3-3, Manu (24´), 4-3, Rubi (33´), 4-4, Pancho (34´), 5-4, Jacobo (38´).

Tarxetas: Aitor, Gomes, Alberto. 

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Encontro a porta pechada. Minuto de silencio polo falecemento de Diego Armando Maradona.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios