SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-DISTRITO VENTORRILLO FS (4-3)

Axustado triunfo local no reinicio ligueiro

78

Sufrido e valioso triunfo do Esteo 4-3 no encontro disputado este domingo á mañá no Pavillón de A Fraga ante o cadro coruñés do Ventorrillo, presidido pola gran Pilar Neira.

No primeiro partido do 2021 para os ponteses pronto se poñían en vantaxe tras unha boa xogada de Jacobo, que sirve a Héctor e o capitán marca dentro da área, pero antes do descanso lograban igualar os visitantes. 

No reinicio, tras unha boa triangulación entre Héctor, Rubi e Alberto, era este último o que marcaba, só no segundo pau, pero pronto voltaban a empatar os coruñeses. 

A pouco do final pegaron un estirón os locais con dous goles consecutivos, primeiro Jacobo servíalla a Jhony e este marcaba de tiro raso dentro da área, e despois era o habilidoso Rubi quen marcaba de tiro picado ante a saída do porteiro coruñés. 

Pero houbo que sufrir ata o final pois co porteiro xogador Puertas recurtou distancias e a poucos segundos do final entre Jesús e o pau evitaron a igualada e tres valiosos puntos quedaban para un Esteo que marcha cuarto con 13 puntos antes de recibir ao Sala Ourense. 

O ESTEO FS. Jesús, Héctor, Aitor, Rubi, Jacobo – Jhony, Cokito, Troncho, Bruno. 

DISTRITO VENTORRILLO FS. Óscar, Vitu, Alejandro, Guillán, Chapu – Andrés, Kevin, Berto, Toca, Puertas.

GOLES. 1-0, Héctor (4´), 1-1, Guillán (14´). 2-1, Aitor (23´), 2-2, Kevin (26´), 3-2, Jhony (34´), 4-2, Rubi (35´), 4-3, Puertas (38´). 

Incidencias: Amarelas a Jacobo e Andrés. Pavillón de A Fraga. Uns 50 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios