Nota de prensa BNG: O BNG ESIXE AO MINISTERIO E Á XUNTA QUE EXERZAN AS SÚAS COMPETENCIAS

As Pontes e Galiza non son o xoguete de Endesa

85

As Pontes, 25 de xaneiro de 2021.- Para calquera persoa allea á situación de emerxencia das Pontes, as últimas incursións nos medios de comunicación feitas polos distintos actores, nomeadamente Endesa e Xunta (do Ministerio descoñécense), resultan nun marco moi distante da realidade, cando menos da teórica, no que semellan esquecerse de que:

→ a actividade de produción de electricidade con carbón de Endesa é unha actividade regulada, polo que o peche da Central non é decisión da empresa -que pode solicitalo, como fixo en decembro de 2019-, se non do Ministerio, logo dun expediente que aínda non ten resolto, polo menos de xeito público; é o Ministerio que ten que dicir se a Central pecha ou non, cando e como, consultadas todas as partes interesadas, entre elas a Xunta e o Concello;

→ o peche leva aparellado o desmantelamento -xa contratado por Endesa-, que precisa dunha autorización ambiental incluída no expediente do Ministerio, e que Endesa pretende tramitar por un procedemento abreviado ou simplificado en lugar do ordinario, máis longo e garantista; terá que ser o Ministerio quen resolva, e non tería moita explicación que un tramite urbanístico para construír 100 vivendas pasara por un ordinario, mentres que o desmantelamento con voaduras que pretende Endesa tivera un camiño máis doado e abreviado;

→ a actividade de produción eólica de electricidade da que pretende aproveitarse Endesa para substituír á Central tamén está regulada, e son o Ministerio ou a Xunta os que teñen que autorizala, Endesa non pode poñer muíños onde queira para aproveitarse do noso vento logo de facelo co noso carbón;

→ a evacuación da electricidade polo nó de acceso que está nos terreos da Central tamén está regulada, o nó non é propiedade de Endesa e será o Ministerio, mediante unha poxa que está a elaborarse, quen decidirá a quen permite conectarse, en que condicións e a cambio de que.

No 1997, coa finalidade de facilitar e favorecer a creación de empresas e a diversificación do tecido produtivo para minimizar e absorber os efectos negativos da redución da actividade mineira do complexo mineiro-eléctrico de Endesa, asinábase o Plano de Desenvolvemento Económico-Industrial das Pontes, pola Xunta, Endesa, CIG, CCOO e UXT. Endesa quere agora liquidar de xeito definitivo a parte restante do complexo, nunha decisión prepotente, irresponsábel, de agresión aos intereses das Pontes, e desconexa da realidade, como evidencia a comparativa dalgúns dos indicadores socioeconómicos:

Para o BNG a conclusión é evidente: ou As Pontes ten un plan alternativo de desenvolvemento, con proxectos, datas e investimentos concretos, que garanta o emprego actual e futuro, promovido polas administracións públicas e con aportacións moi importantes de Endesa, ou o Ministerio e a Xunta, que teñan as competencias, non poden darlle prebendas e favores a Endesa en forma de megavatios, eólicos ou de evacuación.

Vai sendo hora de que quen ten as competencias as exerza a prol dos interese públicos.

Asemblea Local do BNG das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios