TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – RACING VILALBÉS 1

O As Pontes empata o derbi no desconto xogando cun menos

99

Valioso punto rescatou o As Pontes no desconto do derbi sen público que lle enfrontou na noite deste mércores ao Racing Vilalbés. 

E iso que pronto se poñían mal as cousas para os locais. Con Berto atendido en banda e a defensa descolocada, Jose Varela internouse na área por banda dereita e marcou de tiro cruzado (21´). De aí ao descanso apenas resaltar un lanzamento de falta desde o borde da área de Óscar que Rumbo envía a córner (41´). 

Peor se poñían as cousas cando trala reanudación Moyá vía unha segunda amarela e o equipo quedaba con dez con todo o segundo tempo por diante (52´). Sen embargo, os locais non lle perderon a cara ao encontro e tras un bo centro de banda de Del Río, remataba Artai, e Rumbo enviaba con apuros o balón a córner (58´). 

Os vilalbeses aproveitaban a superioridade con perigosas contras, así, tras un pase de Aitor, tiro cruzado de Cuadrado dentro da área que marcha lamendo o pau (68´). Tras saque de córner, paradón de Bugy a un bo remate desde o borde de área do propio Aitor (81´). 

Pero o As Pontes non deixou de insistir e xa no desconto, tras un balón á área e un rexeite, o esférico caeulle a Adrián, xogador de poucos goles pero de moito traballo no medio, que marcou axustado ao primeiro pau dando un moi valioso punto ao cadro pontés que suma 13 antes de visitar ao Estudantil (92´). 

1 CD AS PONTES. Bugy, Berto (Pajaro 23´), Dani, Óscar (Pardo 45´), Quique (Fraga 55´), David (Adrián 82´), Artai, Pita, Del Río (Cristian 82´), Moya, Iñaki. 

1 RC VILALBÉS. Rumbo, López, Buyo, Vérez, Varela, Make, Cuadrado, Sandá (Muíña 90), Aitor (Moreda 85´), Santi (Rares 74´), Caballero. 

Goles: 0-1, Jose Varela (21´), 1-1, Adrián Martínez (92´). 

Tarxetas: David, Quique, Pájaro, Posse, Berto, Buyo, Varela. Expulsado por dobre amoestación Moyá (52´). 

Incidencias: Campo de O Poboado. Partido a porta pechada, en noite de chuvia e vento. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios