Nota de prensa Xuntos Por As Pontes: COLONIALISMO*

As Pontes atópase nunha encrucillada, a decisión de Endesa de pechar a central térmica, xa anunciada no ano 2019, sitúa ao noso pobo nunha situación crítica.

99

En 1997, a empresa estatal italiana Enel, compra Endesa, o que lle permite poñer baixo o seu control á terceira compañía eléctrica do mundo, pero tamén os recursos carboníferos, como é o caso de As Pontes, pechándose a mina no ano 2005, tras 80 anos de explotación. Era a primeira sinal de alarma, ningunha administración se deu por enterada. Este peche supuxo a perda dunhos 4.000 postos de traballo entre directos e indirectos ao que hai que sumar os efectos sobre os sectores económicos que dependían da actividade mineira, cun presuposto anual de 30 millóns de euros. Era un aviso, sen que nin a Xunta nin o Concello reaccionaran por esta perda de actividade.


No ano 1982, cando Felipe González gana as eleccións, a España que herda está considerada a 7ª potencia industrial do mundo, pero despois do segundo mandato empezan os saldos e España pasa a ocupar o posto 36, poñen á venta o 23% de Endesa. Xa comezaba o principio do desmantelamento da empresa pública. Acaba poñendo a puntilla un fidalgo ultraliberal de apelido Aznar, que despois de liberar o sector eléctrico, autoriza a venta do 77% de Endesa aos italianos.


E chegamos ao presente. Endesa pon en marcha unha reforma para adaptarse ás recomendacións da UE sobre o Cambio Climático, pero a actual ministra de Transición Ecolóxica, a Sra. Ribera, sen medir as consecuencias económicas para as comarcas mineiras, da de prazo ata o ano 2021 para que as centrais térmicas cumpran coas limitacións de CO2 ou pechar. Endesa nun proceso de reformas por valor de 220 millóns de euros, non está disposta a pagar polos dereitos de emisións; declara inviable económicamente seguir producindo enerxía con estes parámetros.

Seguramente presionada polas administracións, tanto estatales como autonómicas, accede a poñer en marcha unha serie de probas cos denominados biocombustibles. Despois dun ano de probas, Endesa volve a repetir que para eles representa un prexuizo económico a longo prazo, e polo tanto, vai proceder ao peche.


Mentres, Alemania ten previsto pechar o ciclo térmico no ano 2039, e no caso de Polonia, coa central máis contaminante de Europa con 12 turbinas que xeran 5.170 MW/h, manterá en servizo os grupos ata o ano 2050.
Toda a atención céntrase na declaración de peche coma se non fora algo esperado, pero xa a ministra Teresa Ribera advertira que as centrais térmicas estaban condenadas. A central de As Pontes suma coa de Cerceda que a acompañará no desmantelamento 2.000 MW. Galicia pasaría de exportadora de enerxía a importadora.


Mentres, a Xunta de Galicia e a comisión de crise, seguen empeñados en demostrarlle a Endesa que os seus datos sobre a rendibilidade da térmica non son os reais. É posible, pero todo isto pasa cando a direción da compañía está presentando outros proxectos para As Pontes, á espera de que lle concedan as axudas procedentes de Europa, é dicir, polo menos o 30% da inversión iría a cargo do estado español, dito doutra maneira, de nós.


Seguiremos informando dos pasos que se están a dar e dos que o alcalde debería informar puntualmente. Hai solucións para o que se nos ven enriba?. Sí, As Pontes ten infraestructura de abondo para convertirse no principal Centro de Enerxía do Estado. O vento e a auga són outra fonte de enerxía, pero disto xa falaremos máis adiante.


Saúde!


*Colonialismo: “Dominio político e económico que un país estranxeiro exerce sobre outro que recibe o nome de colonia”.


(Saquen as súas propias conclusións).

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios