TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 2 – CD BARCO 3

Nova derrota dun As Pontes que tivo ocasións para empatar nos últimos minutos

117

Nova derrota do As Pontes 2-3 ante o Barco no encontro disputado este domingo en O Poboado. 

Pronto se adiantaban os ourensáns, que xa avisaran antes, tras un remate desde o bordo da área pegado ao pau de Óscar Martín (7´), e a pesar dun golazo de David García desde uns vinte metros pola escadra (20´), outro a continuación de Vera, nun balón que o porteiro non acerta e remata completamente só na área pequena (23´), e un terceiro antes do descanso de David Álvarez de falta lateral que rebota nun defensa e acaba entrando pola escadra case sentenciaban o encontro (44´). 

No segundo período, salvo aproximacións puntuais, os visitantes controlaban o partido e mesmo acumulaban dous lanzamentos aos paus ao longo do encontro. Polos locais apenas resaltar outro tiro lamendo a escadra de David e un remate por alto de Vilela tras bo pase de Breijo. Pero foi tras un agarrón na área tras córner que os locais se meteron no partido. Oviedo acertou o lanzamento de Mitogo, pero este recolleu o rexeite para facer o segundo (80´). 

Curiosamente, a pesar de que o encontro parecía finiquitado, os locais dispuxeron de ata catro ocasións para empatar, sobre todo unha de Mitogo que se planta ante Oviedo, pica o balón, e o porteiro toca o xusto para que o esférico marche lamendo o pau (83´), e outra moi clara de Iñaki no desconto que saca un defensa baixo paus.

As Pontes. Brais, Berto, Mitogo, David, Fraga (Alex López 89´), Artai, Pita (Breijo 73´), Del Río (Dani 62´), Moyá, Adrián (Vilela 73´), Iñaki. 

Barco. Oviedo, Marc, Rubio, Navarro, Ivi (De Pedro 46´), Óscar, David (Villar 80´), Vera (Tato 72´), Segura, Rodrigo (Diego 84´), Andrés. 

Goles: 0-1, Óscar (7´), 1-1, David García (20´), 1-2, Vera (23´), 1-3, David Álvarez (44´). 2-3, Mitogo (80´).

Árbitro: Castro Alarcón. Auxiliado por Ordóñez Rodríguez e Galán Laguela. Amarelas a David García, Adrián, Óscar, David Álvarez, Segura, Marc. Expulsado o adestrador Iván González (45´) e o adestrador suplente Jose Núñez (90´), tamén o xogador suplente Carlos Cruz (90´). 

Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores en tarde soleada.   

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios