Mobilización contra o Convenio de Endesa

Na actualidade a grande maioría dos traballadores/as, tanto persoal activo como pasivo, padecemos as consecuencias reais do Convenio asinado entre Endesa e a UGT, o peor da historia de Endesa, e no que a propia empresa recoñece un beneficio de 515 millóns de euros, caso único en todo o Estado Español.

465

O primeiro golpe recibírono os que perderon a Axuda de Estudos do XVI Convenio, quen tiña potencia contratada superior a 5,75 kW e, tamén, quen tivo consumo na 2ª vivenda, pero agora, a estas alturas do ano, a maior parte dos traballadores/as superamos os 6.000 kWh de consumo bonificados na 1ª vivenda (outros 3.000 ao 50% para pasivos), e esta situación refléxase claramente nos recibos eléctricos, xa non teñen ningunha relación co que pagábamos anteriormente, e aínda falta o último golpe a partires de maio, a penalización no 50% do consumo que no ano excedera o 31% nas horas punta. 

Iso si, como estamos en tempo de eleccións sindicais, a Empresa tivo a ben non cobrarlle este ano o exceso do 31%, pero só ao persoal en activo a 1 de xaneiro deste ano, un favor para quen poida votar e así lavarlle a cara a UGT. 

O venres, 30 de abril, ás 12:30 celébrase a Xunta de Accionistas de Endesa, que como o ano pasado, pola pandemia, será telemática, o cal impide que lle poidamos trasladar directamente á Dirección de Endesa-Enel a nosa opinión sobre a súa política de Relacións Laborais, que non é outra que máis precariedade e máis submisión. 

Por iso, igual que o ano pasado realizamos unha cazolada, este ano convocamos unha caravana de coches pola vila de As Pontes, a realizar o propio venres día 30, entre ás 12 h. e as 13 h. 

Ao final deste Comunicado axuntamos o percorrido. 

A Caravana sairá ás 12 h. e o remate será ás 13 h., para evitar concentracións de persoas, como prevención pola pandemia, solicitamos que as persoas participantes se conecten con Radio Eume (107.5 FM), que fará un seguimento da Caravana e pola que poderán escoitar as intervencións dos representantes das Organizacións convocantes

Ás 12:30, coincidindo co inicio da Xunta de Accionistas faremos soar as bocinas dos coches durante 1 minuto. 

Solicitamos que o persoal activo, na medida das súas posibilidades, solicite 1 hora de permiso para poder participar activamente nesta convocatoria. 

Con este Comunicado, axuntamos un modelo de cartaz para que se impriman nas casas e se peguen nos coches o día da Caravana. Tamén animamos ao comercio e a hostalería local a colocar estes cartaces nos seus escaparates mentres dure a Caravana. 

Pedimos desculpas de antemán polas molestias que poidamos causar á poboación de As Pontes, pero lembramos que este maldito Convenio significa a perda, vía nóminas, duns 2 millóns de euros anuais en As Pontes e unha cantidade semellante nas Comarcas veciñas da Terrachá e Ferrolterra. 

As Pontes, abril de 2021 

CCOO  – CIG – SIE – APREN 

Agradecemos á colaboración de Radio Eume (107.5 FM), que nos permitirá estar conectados é, ao mesmo tempo, cumprir cos requisitos en tempos de pandemia. 

CARAVANA:

Recomendacións 

  • Manter unha distancia de seguridade entre coche e coche. 
  • Facilitar o tránsito doutros coches que non participen na Caravana. 
  • Conectar con Radio Eume (107.5 FM). 
  • Non haberá Acto final, a Caravana se disolverá soa ás 13 h. 

Percorrido 

  • Sairá ás 12 h. do aparcamento que hai diante da Casa a Enerxía en Perfolla.
  • Irá até a Rotonda dos Patos.
  • Rúa Balsa.
  • Cruce na Avda de Lugo, dirección Avda Galicia.
  • Castelao.
  • Avda Habana
  • Celso E. Ferreiro
  • Avda Vilalba, dirección centro do pobo.
  • Rúa Alexandre Bóveda (por diante do Mercado).
  • Cruce con Avda Galicia, dirección Rego do Muíño.
  • Poboado das Veigas, até a Casilla.
  • Ronda do Pobodado até Monte Caxado.
  • Rúa 8 de marzo, pasando por diante da Piscina, até Avda Galicia. 
  • Avda. Galicia até Avda Ferrol (no cruce do Hostal Fornos) 
  • Subida por Avda Ferrol, até a Praza do Carme.
  • Baixada pola Avda Ortigueira, até a Praza do Hospital.
  • Coller de novo Avda Galicia en dirección Rego do Muíño.
  • Na rotonda que hai antes do Rego do Muíño coller para Perfolla. 
  • Remate da Caravana.

 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios