OURO DE ALVARIÑO E DANI CASTRO

Miguel e Dani firman un día histórico no deporte pontés.

257

Magnífico rendemento dos ponteses Miguel Alvariño e Dani Castro, que lograron xunto ao burgalés Pablo Acha o ouro na Copa do Mundo de Tiro con Arco Recurvo por equipos en Guatemala.

Tras vencer á selección locataria por 6-0, logo á India 5-4 en cuartos, a Francia 6-2 en semifinais, o equipo español prantabase na final de hoxe na que venceron hai uns minutos ao potente equipo de Estados Unidos, liderado polo mítico Brady Ellison, acompañado de Matthew Requa e Josef Scarboro.

Os españois gañaron os dous primeiros sets por 55-54, no terceiro recurtaron distancias os estadounidenses cun 51-55, pero un 57-56 no cuarto selou o 6-2 definitivo.

Primeiro e magnífico ouro para Dani, sendo o cuarto para Alvariño que xa ten o ouro dos Xogos Europeos de Baku 2015, a gran final da Copa do Mundo México 2015, e a Copa do Mundo de Recurvo Mixto de Turquía 2019. 

Xa con menos responsabilidade, loitará polo ouro individual Dani nunhas horas, xunto a Das, Alvarado e Wijler.      

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto cortesía RFETA. 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios