ALVARIÑO E CASTRO EN SUIZA

O equipo español clasificou para a final por equipos contra Alemaña

54

Esta semana estase a disputar en Suiza a segunda proba da Copa do Mundo de Tiro con Arco.

Cara aló desprazaronse os arqueiros do Clube Silex, Alvariño e Castro, e nas tiradas previas Maikel foi 13º con 668, a mesma puntuación que Yun Sánchez, 14º, sendo Pablo Acha 17º con 666, e Dani 33º con 657.

Nas eliminatorias, Alvariño venceu ao turco Ulas Tumer (6-0), pero caeu logo ante o ruso Arsalan Baldanov (3-7). Pola súa banda Dani venceu ao sudanés Mujahid Adam (6-0), e logo ao doble campión olímpico Marco Galiazzo por 6-5, 10-8 na frecha de desempate, caendo despois ante outro transalpino, tamén ouro olímpico, Mauro Nespoli, primeiro da previa, por un axustado 4-6, con 27-28 no último set.

Precisamente ante o propio Nespoli tamén caeu Pablo Acha nos cuartos de final, mentres un gran Yun Sánchez clasificou para as semifinais xunto ao italiano, Ellison, e D´Amour, a disputar o domingo.

Na competición mixta, Alvariño e Inés De Velasco gañaron a Gran Bretaña, caendo en cuartos de final ante a parella de Bangladesh, posterior finalista, en ambos casos cun marcador de 5-4, acabando quintos.  

As mellores novas chegaron na competición por equipos, onde Alvariño, Acha, e Castro, neste caso si, gañaban a Bangladesh, por un axustado 5-4, con 28-23 nas frechas de desempate, para logo gañar con solvencia a Rusia, en cuartos, e a potente Holanda, en semis, por 6-0, enfrontandose na final do domingo a Alemaña. 

Nova cortesía Xose Ferreiro. Fotografía cortesía RFETA

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios