RESULTADOS DO GRUPO XUVENIL DE PIRAGÜISMO NO TROFEO INTERNACIONAL XACOBEO 2021

O pasado sábado día 19 de xuño disputouse en augas do río Lérez a regata de piragüismo TROFEO INTERNACIONAL XACOBEO

40

Participaron 1500 padexeiros pertencentes a 38 clubs galegos, 9 clubs portugueses e 2 clubs asturianos. A regata iniciouse pola maña coa participación de 81 padexeiras K-1 muller infantís B e as pontesas remataron nas seguintes posicións:

  • Antía García Pico  18º posto
  • Carmen Alén Bellas 24º posto
  • Nerea Tojeiro Tojeiro 44º posto

A continuación disputouse a regata K1 infantil B con 131 participantes na saída, na que Fernán Nicolau Pena Antón chegou no 91º posto.

Na xornada de tarde competiron os máis pequenos: 

  • Xalo Tojeiro Tojeiro acadou o 40º posto entre os 58 padexeiros participantes na categoría home benxamín B.

Na categoría home alevín B con 93 participantes na liña de saída os ponteses acadaron as seguintes clasificacións:

  • Xoel Timiraos Picos 21ª posto
  • Daniel Ferro Franco 22º posto
  • Enós Prieto Permuy 51º posto

E na última regata do día na categoría home Alevín A Bruno Tojeiro Asenjo acadou o 44º posto entre os 123 participantes na liña de saída.

Na clasificación xeral por clubs o Grupo Xuvenil acadou o 38º lugar entre os 49 equipos participantes.

Nova cortessía do Grupo Xuvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios