ALEX MONTERO, CAMPIÓN GALEGO CADETE

Este domingo en Santa Comba

387

O futbolista pontés Alejandro Montero Peteira ven de quedar na tarde deste domingo en Santa Comba Campion Galego Cadete co Deportivo de A Coruña, que se impuxo na gran final ao Celta de Vigo, na quenda de penaltis, tralo 0-0 final.

Anteriormente o conxunto herculino derrotara na primeira fase a Atlético Coruña Montañeros CF (0-6 e 2-0), Victoria CF (2-0 e 1-2), CD Calasanz (0-8 e 4-2) e Ural Español CF (3-1 e 0-4). Na segunda fase o Deportivo gañou 5-0 ao Arousa SC, empatando 2-2 co San Tirso SD e 1-1 co propio Celta.

Xa na definitiva rolda de semifinais, venceron o venres ao CD Lugo 2-1  (no que xoga o tamén pontés Sergio Cabarcos Montero), mentres o Celta se desfacía do Pavillón Ourense na quenda de penaltis tralo 1-1 final. Alex, que tamén adestra co Xuvenil que hoxe se proclamou Campión de España, aínda sendo Cadete, anotou catro goles no torneo, un hat trick ao Arousa e outro gol ao Calasanz.   

Nova cortesía XF. Fotos cortesía Pablo Montero

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios