RESULTADOS DO GRUPO XUVENIL DE PIRAGUISMO NO CAMPEONATO GALEGO DE SPRINT PARA AS CATEGORÍAS INFANTIL E CADETES.

VERDUCIDO (PONTEVEDRA) 3 E 4 DE XULLO DE 2021.

38

Esta fin de semana os padexeir@s do Grupo Xuvenil de piragüismo desprazáronse o encoro do Pontillón do Castro en Verducido  para disputar o Campeonato galego de pista. O sábado competiron as infantís na distancia de 500 metros,  cos seguintes resultados:

  • Carmen Alén Bellas acadou o posto 21 en muller infantil B 
  • Nerea Tojeiro Tojeiro acadou o  25 en muller infantil B

Na distancia de 1000 m. Xalo García Paz acadou o posto 30 na categoría home Infantil A.

Na xornada do domingo foi o turno da categoría cadete no que as duas padexeiras pontesas acadaron os seguintes resultados:

  • Ada Fernández Pita 3ª clasificada na categoría muller cadete 500 m
  • Inés Domínguez López 19º posto na categoría muller cadete 500 m
  • Ada Fernández e Inés Domínguez 8º posto no K-2 muller cadete 500 m

Nova cortesía do Grupo Xuvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios