Resultados do Grupo Xuvenil no Campionato galego de sprint Junior

Esta fin de semana o equipo Junior desprazouse á pista do encoro do Pontillón do Castro (Verducio, POntevedra) para disputar o campionato galego de sprint, no que compitiron 400 padexeir@s de 28 clubs galegos.

49

En K1 1000 metros, os nosos rapaces acadoron os seguintes postos:

– Pablo Vispalia 21
– Lucas Valle 25
– Antón García 29

En K1 500m Celia Durán acadou a 10ª posición (2ª na final B)

Nas embarcacións de equipo o K2 de Pablo Vispalia e Lucas Valle acadou un 6º posto na final de 1000 m, e o K2 mixto formado por Celia Durán e Antón García chegou de 12.

A vindeira semana @s padexeir@s do Grupo Xuvenil farán doblete: o sábado os veteráns, junior e cadetes disputarán o Trofeo Entre Pontes en Pontevedra, e o domingo os máis pequenos do club desprazarnase a Miño á 2ª regata da liga provincial.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios