Obradoiro de programación con Micro:bit

Os próximos 19 e 20 de agosto en Amigus Labs, Praza do Hospital 14, As Pontes de 10:30 a 13:30h.

77

O obradoiro de programación con Micro:Bit é unha actividade conxunta, na que participen os pais e nais coas fillas e fillos. A idade das nenas/os será entre 7 e 12 anos.

BBC micro: bit é unha pequena tarxeta electrónica programable de 4×5 cm lanzada pola BBC británica no ano 2015 co obxectivo de que máis dun millón de nenos/as e mozos ingleses aprendesen a programar dunha forma fácil e divertida. No ano 2016 a Fundación Educativa Micro: Bit integrada por empresas como Amazon, Microsoft, Cisco ou Samsung, asumen este proxecto co propósito de promocionar a aprendizaxe da programación e a robótica entre os mozos a nivel mundial.

O obxetivo do obradoiro e iniciarse na construción de circuítos electrónicos que incorporan distintos compoñentes e controlar o seu funcionamento usando unha ferramenta de programación visual como MakeCode.

MakeCode é un sinxelo editor gráfico en liña moi potente que nos posibilita introducirnos no mundo da programación de forma intuitiva a través da linguaxe de programación visual ou de bloques, co que aprendemos a pensar como un programador.

Propoñémonos atopar metodoloxías que potencien nas nenas e nenos ás capacidades reflexivas, críticas e creativas, co obxectivo de que desfruten da tecnoloxía en familia de forma lúdica, fornecendo a súa vez o vínculo familiar.

A Asociación Informática Amigus proporcionará todo o material para realizar o obradoiro.

O curso é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en amiguslabs.org.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios