RESULTADOS DA 27ª BAIXADA DO RIO UMIA. CAMPIONATO GALEGO DE RÍOS E TRAVESÍAS

O pasado sábado celebrouse a 27 edición da baixada do río Umia con saída na ponte de Barrantes.

51

 Foron máis de 500 padexeriros que estiveron en liña de saída nas categorías cadete, xuvenil, sénior e veteráns.

Os resultados d@s padexeir@s  Ponteses foron os seguintes:

  • Na categoría muller cadete Ada Fernández Pita acadou o 3º lugar e Inés Domínguez López chegou na 15ª posición despois de volcar no transcurso da regata.
  •  Na categoría muller xuvenil Celia Durán Iglesias  acadou o 1º posto.
  •  Na categoría home cadete o k-2 formado por Pablo Vispalia Díaz e Lucas Valle Hernández chegaron a meta no 5º lugar.
  • No K-1 home cadete Antón García Bellas  logo de volcar,  acadou o 18º posto.
  • Na categoría veterán Antonio Polo Campello acadou o 1º lugar e o K-2 de José Manuel García Bellas e Ernesto Gancedo Herreras finalizaron en 3º lugar.

Na clasificación por equipos o Grupo Xuvenil de As Pontes acadou o 20º lugar entre os 42 clubs participantes.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios