RESULTADOS DO GRUPO XUVENIL DE AS PONTES NA 50ª EDICIÓN DO DESCENSO INTERNACIONAL DO MIÑO DE TUI

Celebrouse o pasado domingo o 50 aniversario do descenso do río Miño no que participaron máis de 500 padexeir@s de clubs galegos, asturianos e portugueses que percorreron 14 km con saída en Salvaterra de Miño e chegada en Tui.

24

O Grupo Xuvenil acudiu con 9 padexeir@s que acadaron os seguintes resultados:

–          Antonio Polo e Celia Duran chegaron en 3º lugar no K-2 mixto

–          Ernesto Gancedo e José Manuel García acadaron o 5º posto no k-2 veterano

–          Antón García e Lucas Valle clasificáronse n 8º lugar no k-2 xuvenil

–          Pablo Vispalia Díaz conseguiu o 2º lugar no K-1 xuvenil

–          Ada Fernández e Inés Domínguez acadaron o 6º lugar na categoría k-2 cadete

Na clasificación final por clubs o Grupo Xuvenil acadou o º 17º posto entre os 48 clubs participantes.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios