RESULTADOS CLUB DE PIRAGUISMO GRUPO XUVENIL NO CAMPIONATODE ESPAÑA E GALEGO DE MARATON CORTO. VERDUCIDO 28 E 29 DE AGOSTO DE 2021.

36

Este pasado fin de semana celebrouse no embalse de Pontillón do Castro en Verducido (Pontevedra) os campionatos de España e galegos de maratón nos que acudiron máis de 500 padexeiros de 66 clubs de toda España dos que Galicia estivo representada por 31 clubs.

O club Pontés estivo representado por 7 padexeir@s que acadaron os seguintes resultados:

  • Celia Durán Iglesias acadou o 7º posto de España e 3º galega en categoría xuvenil
  • Ada Fernández Pita clasificouse en 7º lugar de España e 3ª galega en categoría cadete
  • Inés Domíngjez López acadou o 11º posto de España e 4ª galega en categoría cadete
  • Antón García Bellas acadou o posto 16º de España e 6º galego en categoría xuvenil
  • Pablo Vispalia Díaz clasificouse no 18º lugar de España e 7º galego na categoría xuvenil
  • Lucas Valle Hernández acadou o 26º lugar de España e 11º galego na categoría xuvenil
  • Antonio Polo Campello proclamouse Campión de España e galego na categoría máster 45-49 anos.

Na clasificación final por clubs o Grupo Xuvenil clasificouse en 21 lugar no campionato de España e no 10º no campionato galego.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios