Nota de prensa Xuntos por As Pontes: Saída de Xunt@s do comité de crise

112

Ante a situación actual que vive As Pontes de cara ao peche da Central Térmica (feito coñecido dende fai tempo), sendo esta no seu día unha empresa pública, ENDESA, (agora italiana) e pasando a ser privatizada polo PP e PSOE, creouse un comité de crise, sendo o seu portavoz, o Sr. Valentín, alcalde de As Pontes, con maioría absoluta e presidente da Deputación.

Dende a súa creación o Sr. Valentín prácticamente non está nas reunións dese comité, esixindo como debería, dunha maneira máis contundente a ENDESA, solucións concretas de alternativas viables para xerar emprego nas Pontes, sabendo a repercusión que ten o peche de dita central para a vida do pobo, e sentíndose deste xeito os veciños da vila de As Pontes cada vez máis enganados ao ver que pasa o tempo e non hai máis alternativas nin solucións.

Polo tanto, Xunt@s por As Pontes en Común, a partir de este momento deixa de asistir ás reunións do comité de crise. Seguiremos apoiando tódalas mobilizacións sindicais e de tódos/as os/as traballadores/as, esixíndolle ao alcalde que convoque unha asamblea pública para informar ao pobo de cal é a verdadeira siutación.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios