VOLTA CICLISTA A ESPAÑA FEMININA

Varias Campionas Olímpicas e Mundiais estiveron este domingo á mañá en As Pontes

81

Este domingo á mañá As Pontes foi inicio da última etapa da Vuelta Ciclista a España Femenina, con final na capital galega, en Santiago de Compostela, igual que a dos homes que tamén rematou onte. Poucas veces se pode ver na nosa localidade un acto de tantísimo nivel, e xa non so pola envergadura do evento en si, senon pola calidade das participantes.

En As Pontes estiveron, entre outras, Anna Van der Breggen,  actual Campiona do Mundo Imola 2020, tanto en Ruta como en Contrarreloxo, co seu maillot arco iris, tamén fora Ouro Olímpico en Río 2016, ou Annemiek Van Vleuten, a gañadora final desta Volta, Campiona Olímpica de Contrarreloxo en terras niponas hai apenas un mes, e tamén prata en Ruta en Tokio 2020 (sorprendeu a escapada da austriaca Kiesenhofer coa que ninguén contaba).

Tamén estiveron medallisas olímpicas e mundiais como Elisa Longo, Ellen Van Dijk, Amalie Dideriksen, Tatiana Guderzo, Lotte Kopecky, Lissa Brenauer, Katarzyna Niewiadoma, Elisa Balsamo, Marlen Reusser, ou as mellores españolas, como Mavi García, Ane Santesteban ou Sheyla Gutiérrez.

Despois de estacionar os buses, caravanas e demáis coches dos equipos na zona da Canle Catro entre as 8.30 e as 9:00, as ciclistas partiron cara a zona de saída, diante do Concello, onde foron presentados todos os equipos, saíndo as 143 participantes cara a Santiago un pouco antes das 10:00. 

 Nova cortesía Raimundo Carballo e XF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios