RESULTADOS DA 54ª BAIXADA DO EUME

PONTEDEUME SÁBADO DIA 4 DE SETEMBRO DE 2021

Na tarde do sábado celebrouse a clásica baixada do río Eume dende o 2º refuxio de Caaveiro ata o peirao de Pontedeume.

46

Numeroso público presenciou o descenso ao longo do seu recorrido. Os resultados d@s palexeir@s do club Grupo Xuvenil foron os seguintes:

  • Na categoría muller cadete k-1 Inés Domínguez chegou no posto 14º e Ada Fernández tivo que abandonar por rotura da embarcación.
  • Celia Durán Iglesias foi 2ª clasificada na categoría muller xuvenil.
  • Na categoría home xuvenil Antón García chegou no 7º lugar, Pablo Vispalia no posto 14ª e Lucas Valle no chegou á meta por rotura da piragua.
  • Ernesto Gancedo en veterano K-1 clasificouse en 11º lugar.
  • Angel Pico e Adrián Paz chegaron no 4º posto no k-2 veterano.
  • Antonio Polo no K-2 sénior xunto a Bernardo Sánchez do Fluvial de Lugo acadaron o 2º posto

Nova cortesía do Grupo Xuvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios