MARTA TORRES E MARÍA LEFLER DO CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES SUBCAMPEONAS GALEGAS FEMININAS

O Club de Vela Fluvial As Pontes desplazou este pasado fin de semana ata a fermosa vila pontevedresa de Combarro un total de 5 barcos para a disputa da edición 2021 do Campeonato Galego da clase Vaurien.

75
De eles, tres tripulacións xuvenís (unha delas feminina) e dúas absolutas.
O campeonato, organizado polo Royachts Club combarrés, celebrouse durante os días 10, 11 e 12 de setembro, disputándose un total de 7 mangas sobre as 9 previstas en total.
Na categoría xuvenil destacaron as tripulacións formadas por Marta Torres/María Lefler e Javi Martínez/Nano Torres, o que ven a refrendar o traxectora ascendente que levan ambas tripulacións dende o seu paso dende Optimist á clase Vaurien.
Marta e María finalizaron no 3º posto xuvenil e no 2º feminino, o que á postre a fixo posuidoras do título de subcampionas galegas. Este titulo sumado á súa victoria o pasado mes de xullo na Copa Galicia fan que esta tripulación suba ó máis alto do ranking feminino galego da clase.
Pola súa banda Javi Martínez e Nano Torres finalizaron 5º xuvenís, quedando a tan só 6 puntos de entrar en podium.
Reseñable tamén o 6º posto xuvenil da novel tripulación formada por Carlos Lefler e Guille Cunha, sendo esta a súa segunda competición oficial.
Na categoría absoluta, Roi García e Ne Casal finalizaron nunha meritoria 8º posición, e Nano de Andrés navegando cun xovencísimo Xairon Carballo, que debutaba en competición nesta clase Vaurien, finalizaron a competición no 19ª posto.
As vindeiras citas para a flota pontesa son:
– Regata da clase Optimist do circuito clasificatorio galego, Trofeo Xacobeo 2021-22, a disputar en Sanxenxo os días 25 e 26 de setembro.
– Campeonato de España da clase Vaurien, a disputar en Laredo (Cantabria) os días 9, 10, 11 e 12 de outubro.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios