Resultados do campionato galego de K-2 para benxamíns e alevíns no Embalse de Santo Estebo (Quiroga – Lugo)

O pasado sábado 18 de setembro celebrouse a última regata da temporada para os padexeiros ponteses.

37

Foron 475 rapac@s  pertencentes a 26 clubes galegos nas categorías máis novas benxamíns e alevíns, os que disputaron este campionato galego de barcos de equipo sobre unha distancia de 1500 metros.

Os resultados dos padexeiros do clube grupo xuvenil foron os seguintes:

  • Xoel Timiraos Pico e Daniel Ferro Franco proclamáronse campións galegos na categoría benxamín A.
  • Xalo Romero Valle e Xalo Cascudo Montes na categoría alevín B despois dunha masiva e accidentada salida en que foron abordados por outras embarcación quedaron no posto 22º nunha regata que partían como favoritos a subir ó pódium.
  • Bruno Tojeiro Asenjo e Adrián Filqueira Fernández na categoría alevín A lograron un meritorio 12º posto entre as 44 embarcaciones en línea de salida.

Nova cortes do Grupo Juvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios