SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-IES CORUXO FS (1-1)

Empate do Esteo no debut nas Somozas nun encontro no que dispuxo de moitas ocasións

101

O Esteo debutaba este sábado como local, o que é un dicir, pois o facía no Pavillón Municipal do Concello veciño de As Somozas. Tras perder 6-2 en Segovia, os ponteses recibían ao Coruxo da maravillosa cidade viguesa.

E marcharon ao descanso con ventaxa no marcador cun gol de Guillán mediadio o primeiro tempo, e puido ser máis pois un xogador olívico foi expulsado pero non souberon sacar rédito dos dous minutos cun xogador máis.

Trala reanudación voltou o Esteo a ter moitas ocasións, incluso reclamaron un penalti por man na área visitante, pero faltando tres minutos nunha acción na que se lesionou Guillán, seguiu o conxunto vermello a xogada logrando o empate de forte disparo Quique.

A pesar diso, antes do remate, aínda tivo dous disparos ao poste o conxunto de Marcos e Senén, pero nun partido no que O Esteo puido gañar ben, tivo que dar por bo o empate pois co tempo cumprido un atacante do Coruxo quedou so ante Failde afortunadamente mandando o balón por alto.

Primeiro punto do conxunto pontés antes de visitar ao Unión Arroyo de Valladolid.

O ESTEO FS. MFailde, Cokito, Guillán, Héctor, Troncho – Jhony, Alberto, Jandro, JFaílde, Dani.

IES CORUXO. Toni, Berto, Iago, Quique, Alexis Papa – Bruno, Rodri, Parra, Camilo, Pablo, Cerve, Jorge.

GOLES. 1-0, Guillán (12´). 1-1, Quique (37´).

Incidencias. Amarela a Jandro. Vermello directo ao visitante Rodri (16´). Uns 100 espectadores no moi coqueto pero pequeño pavillón somocense.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios