Modelado 3D con FreeCad

42

Rompéuseche o soporte da ducha? Necesitas unha caixa a medida ou especial? Queres facer un molde para dar forma á tua pasta fresca o ós teus postres? Queres crear unha peza de xoiería, un adorno ou un regalo único? Se tes algún destes problemas ou inquietudes, ou outros parecidos nos que precises crear pezas propias, coñecer un programa de modelado 3D coma FreeCAD podería axudarche a conseguilo.

FreeCAD é unha das ferramentas de referencia no “mundo maker” para a creación e modelado de pezas en 3D, totalmente libre (e gratuita), que alcanzou o seu máximo apoxeo gracias á popularización das impresoras 3D, ó alcance xa de calqueira persoa hoxe en día. É multiplataforma, polo que poderás usala indistintamente en calqueira ordenador con calqueira Sistema Operativo: Windows, Linux ou OSX.

O noso relator -Miguel- fará unha introducción dende cero a esta ferramenta, para iniciarte e comezar a crear as tuás primeiras pezas. O obradoiro será totalmente práctico e está pensado para que saias facendo algo xa, cunha mínima base que che permita seguir aprendendo e evolucionando.

Para participar no obradoiro, é unha actividade gratuita, é obligatorio rexistrarse no seguinte formulario. E unha actividade patrocinada pola Xunta de Galicia.

Máis información e rexistro en https://www.amiguslabs.org/modelado-3d-con-freecad/

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios