PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 2 – CD SANTABALLÉS 2

Empate no Poboado nun vibrante derbi

142

Reparto de puntos no “derbi” disputado hoxe no Campo do Poboado nunha mañá soleada entre o As Pontes e o Santaballés.

Pese á cercanía de ambas localidades, este era só o terceiro encontro oficial entre ambos conxuntos. Os dous equipos se enfrontaron na 2009-10, o ano do penúltimo ascenso do As Pontes a Terceira División.

Tamén fora na cuarta xornada, que o Santaballés lograra un meritorio 0-0 no Poboado, sendo o resultado de 0-4 no encontro disputado en terras lucenses, nunha magnífica segunda volta do cadro azul, que só cedera unha derrota en Betanzos, acabando por ascender acompañando ao Mesón do Bento, ambos con 84 puntos.

O equipo de Rafa Casanova foi a remolque todo o encontro, pois os vermellos adiantaronse por dúas veces, por mediación do pequeno e habilidoso Novas, que anotou un penalti ao pouco do comezo, e Hugo, apenas reiniciado o segundo período.

Pero a pesar de conseguir empatar en ambas ocasións por medio de Bellas e Moreda, non logrou culminar a remontada o equipo azul pese a levar o peso do partido todo o encontro ante un Santaballés ben ordenado atrás que buscaba algunha contra perigosa e que pasaran os minutos.

Cun forte disparo de Toni que milagreiramente desviou a córner Ivo, rematou o encontro, e con cinco puntos os locais, visitan ao Foz na vindeira xornada.

Xogaron Paco, Criado, Berto, Iván (Jaime 66´), Montes (Moreda 50´), Rey (David 50´), Julián, Vilela (Traba 69´), Yáñez (Sergio 50´), Toni, Bellas.

Polo bando visitante Ivo, Serra, Chechu, Ferreiro (Mito 61´), Jandro, Muñiz, Vérez, Diego, Palomo (Casas 77´), Novas (Fran 90´), Hugo (Martín 64´).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios