MARTA TORRES E MARÍA LEFLER DO CVF AS PONTES SUBCAMPIONAS DE ESPAÑA DA CLASE VAURIEN

Entre os pasados 8 e 12 de outubro celebrouse en augas de Laredo o Campionato de España de clase Vaurien, con gran éxito de participación con unhos 50 barcos de toda España.

56

As estupendas condicións de vento de NE e días moi soleados fixeron as delicias dos regatistas e acompañantes.
As primeiras posicións deste Campionato de España estiveron en mans de regatistas galegos e valencianos. E entre estes resultados destacamos os subcampeonato de España na categoría feminina obtido polas regatistas do club pontés Marta Torres e María Lefler, poñendo un gran broche de ouro a este ano no que foron gañadoras da Copa Galicia en Vilagarcía de Arousa e subcampionas do Campionato Galego o pasado mes de setembro en Combarro. Neste Campionato de España estiveron tamén a piques de subir ó pudium xuvenil, posto que foron 4ª nesta clasificación e 12ª na clasificación absoluta.
Pola súa banda, a prometedora tripulación formada por Javi Martínez e Nano Torres finalización nunha extraordinaria 5ª posición na categoría xuvenil, cunha 14ª posición na clasificación absoluta.
Os xovencísimos Carlos Lefler e Guille Cunha acadaron unha estupenda 12º posición xuvenil, sendo 29º na clasificación absoluta.
Roi García e Ne Casal foron 16ª na disputadísima competición absoluta, mentres que Nano de Andrés e Carla Pérez finalizaron na posición 33ª desta mesma competición.

A vindeira cita para a flota Vaurien do CVF As Pontes será os días 23 e 24 de Outubro na regata XXI Semana do Atlantico Cidade de Vigo, clasificatoria para o ranking galego.

Nova cortesía do Club de Vela Fluvial As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios