Música do vento é unha peza composta por Ignacio Sanz en abril de 2006 e que terá a súa estrea absoluta neste é-vento.

Está formada por seis movementos, están todos eles feitos dende un punto de vista poético e nos que se misturan gravacións dos ruídos feitos polos propios aeroxeradores do Parque Eólico Experimental de Sotavento, instrumentos feitos con material reciclado como tixolas ou paelleras, e os poemas feitos polo grupo 'Alalá'.
Da mesma maneira mistúranse recursos musicais clásicos como a retrogradación contrapuntística e contemporáneos como a aleatoriedade.



E explicado en palabras do autor:
A obra trata de recrear unha visita realizada no pasado mes de marzo ó Parque Eólico Experimental de Sotavento. Nesta inesquecible excursión tiven a sorte de subir a un aeroxerador e ver como é por dentro e tamén como funciona o seu mecanismo. Ese día percorrín ca miñ gravadora todo o parque e rexistrei todo canto vin e escoitei.

Como froito desa viaxe e tras escoitar horas de gravación e seleccionar decenas de fragmentos xurdiu a Música do vento.

A obra consta de seis movementos todos eles feitos dende un punto de vista poético xa que tratei en todo momento de crear poemas e que estes foran recitados polos propios instrumentos.

Comeza cun son de vento feito con ruido branco facendo así unha ligazón entre o real, o poético e o sintético (sons reais, parte instrumental e electrónica) de ahí que lle dea un protagonismo especial á cor branca en escea.

Este comezo é de caracter improvisatorio aínda que a parte improvisada estea escrita. De seguido prodúcese un cambio no son do vento e comeza o seguinte movemento onde aparece unha combinación de recitado, recitado instrumental e canto harmónico.

A representación dun aeroxerador por dentro fágoa a base de sons metálicos como poden ser muelles ou paelleras afinadas, isto vainos levando pouco a pouco á parte máis impresionante da miña excursión, o cumio do aeroxerador, os montes, os restantes aeroxeradores todos funcionando a toda máquina, os paxaros... todo se podía escoitar e contemplar e sobre todo tamén a parada e posterior posta en marcha da máquina que tiñamos debaixo dos nosos pés. Todo elo fai unha combinación de ritmos feitos pola máquina en perfecta sincronía co ser humano e a natureza, o mecánico, o instrumental e o real.

Xa cando baixamos volve a reinar a calma e finalizada a obra cun poema gravado a tres voces combinado co canto de paxaros.

Todos os instrumentos utilizados están inspirados no que alí oín, vin e imaxinei.

Se vades ata alín algún día propóñovos que vos tumbedes na herba nalgún sitio e pechedes os ollos. Seguro que poderedes disfrutar do cheiro das frores e escoitaredes coma mín unha multitude de sons, Frautas, Arpas... é a MÚSICA DO VENTO

Ignacio Sanz