O é-vento consta dunha charla didáctica para pequenos e maiores onde se tratará dun xeito ameno a maneira en que se usa o vento na música e na fala, seguida dun concerto de trompetas, percusión e poesía onde se misturará todo isto.

Este é-vento comeza coa idea de fusionar o feito musical co vento na súa acepción máis actual: o aproveitamento da súa enerxía para o uso ordinario. Sen embargo remata cunha mistura de vento, xeradores eólicos, música e palabras, todo isto envolto nun ambiente de aprendizaxe e respecto pola Natureza.

O resultado desta cocedura é facer unha homenaxe musical ó vento, que tanto lle da á música e á palabra; así como á Natureza, que tanto nos da a todos.