Continuaremos os proxectos que temos abertos, como o Amigus Labs • Pixel, noso tetris led xigante, o sistema de enerxía intelixente do barco autonomo solar, o mando bluetooth para calibrar os velocistas, e un interface usando ESP32 para a recreativa e a fabricación dun escaner 3d.
Durante a xornada do sábado faremos un obradoiro de Git. Git é un sistema de control de versións distribuído. Creado polo equipo do kernel de Linux para poder usar dunha maneira mais eficiente os cambios no kernel. Actualmente é un dos sistemas de control de versións mais usados no mundo. Este obradoiro será de iniciación; como usar un control de versións, e como empezar a usalo para os teus proxectos persoais ou no teu traballo diario. Para este obradoiro non é necesario que a xente teña coñecementos de programación, pero si que é necesario que se coñeza o mínimo sobre a consola de comandos.
No Amigus Labs potenciaremos o uso de software e hardware libre, dende placas Arduino e Raspberry Pi, ata software de programación, deseño, video e son, modelado e animación 3d.
Un workshop é un taller, o que quere dicir que os asistentes a el han de involucrarse en todo o que alí sucede. É sobre todo utilizado para adquirir novos coñecementos ou habilidades ou intercambio de impresións á vez que se favorece o traballo en equipo.
A idade mínima para participar nos workshops e de 8 anos en adiante, e a inscrición é gratuita.
Tódalas actividades realizaranse o sábado de 10:30 a 20:00 e o domingo de 10:30 a 14:00, facendo unha parada para comer o sábado de 14:00 a 16:00. Comeremos no Lar, cun prezo de 15€/persoa (opcional).
Podes traer o teu proxecto maker para continuar o seu desenrolo, e compartir con todos as tua experiencia na sua fabricación e coñecemento, así como recibir axuda e opinión de outros makers.
Para asistir á Amigus-Labs tamén podes vir equipado co teu ordenador, equipo de electrónica, impresora 3d… e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalalo e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:
– Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo! e é necesario para o uso do oordenador).
– Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi – Regreta de enchufes.
– Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
– D.N.I.
Aparte disto, é recomendable traer:
– Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).
Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus-Labs arte e creación dixital, e que instales un antivirus.
A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 26 de outubro. Podes apuntarte enviando un email a amigus@amiguslabs.org (prazas limitadas). Os menores deben traer a autorización dos pais/tutor para asistir a Amigus Labs (PDF).
Organizan:
Asociación Informática Amigus • Amigus Labs • Merca Nas Pontes
Colaboran:
Concello das Pontes • COHEMPO • ENDESA • EuroEume • Nauta • No Ping • Nodo Dixital • Triade • Severiano Agrocomercial • Escourido Asociados • Clip Carbono • Ferretería Marcos • Lujo • Matojoma • You can school of English • Fitter • Pontesa Marmoles y granitos • Desguaces Vilabella • Óptica Carmela • Servicio Móvil • Areco • Panadería San José • Fotografía Fabian • Don Dino • CONPLC • IcoEume • Preludio Musical • Arprosa • Radio Eter • MakerGal • Grupo de Empresa Endesa