Copa Local de Futbol Sala As Pontes 2016
Rematou a fase previa da Copa Local de Futbol Sala 2016 coa disputa este pasado Domingo da terceira e derradeira xornada.
Rematou a fase previa da Copa Local de Futbol Sala 2016 coa disputa este pasado Domingo da terceira e derradeira xornada. Unha xornada con moitos goles e na que os favoritos, Macy Ls UB2 Futsal, Estanco Maricarmen e Pinturas Colormix, gañaron os seus partidos e polo tanto acompañaran a Mi Bebe 4D-Bar Jardin nas semifinais que se disputaran o vindeiro domingo día 15 Maio xunto coa final.
Unha xornada que comezaba coa goleada 13 goles a 1 do Pinturas Colormix a Escolantes da Chá o que fai que o Pinturas Colormix se clasifique para semifinais como segundo mellor equipo dos tres grupos.
No seguinte encontro da tarde o Estanco Maricarmen non tivo moitos problemas para golear a Ribadeume F.S. por un resultado contundente de 8 goles a 0.
No último encontro da xornada o Macy Ls UB2 Futsal gañoulle a Husse-Barbarroja por 6 goles a 2 nun enfrentamento no que se puxo por diante nos primeiros minutos de partido o Macy Ls (3-0) pero que mediada a segunda metade o marcador reflexaba un axustado (3-2), un arreón final do Macy Ls UB2 Futsal fixo que o marcador se fora ata o (6-2) final.
XORNADA Nº 3
GRUPO B | 1 | ESCOLANTES DA CHÁ | PINTURAS COLORMIX | 13 |
GRUPO C | 0 | RIBADEUME F.S. | ESTANCO MARICARMEN | 8 |
GRUPO A | 2 | HUSSE – BARBARROJA | MACY LS UB2 FUTSAL | 6 |
CLASIFICACIÓN
GRUPO A
POSTO | EQUIPO | PX | PG | PE | PP | GF | GC | PUNTOS |
1º | MACY LS UB2 FUTSAL | 2 | 1 | 1 | 0 | 7 | 3 | 4 |
2º | HUSSE – BARBARROJA | 2 | 1 | 0 | 1 | 5 | 8 | 3 |
3º | A2M INGENIERIA STIA | 2 | 0 | 1 | 1 | 3 | 4 | 1 |
GRUPO B
POSTO | EQUIPO | PX | PG | PE | PP | GF | GC | PUNTOS |
1º | MI BEBE 4D – BAR JARDIN | 2 | 2 | 0 | 0 | 6 | 3 | 6 |
2º | PINTURAS COLORMIX | 2 | 1 | 0 | 1 | 14 | 3 | 3 |
3º | ESCOLANTES DA CHÁ | 1 | 0 | 0 | 2 | 3 | 17 | 0 |
GRUPO C
POSTO | EQUIPO | PX | PG | PE | PP | GF | GC | PUNTOS |
1º | ESTANCO MARICARMEN | 2 | 2 | 0 | 0 | 13 | 4 | 6 |
2º | MATOJOMA – LAS TORRES | 2 | 1 | 0 | 1 | 13 | 11 | 3 |
3º | RIBADEUME F.S | 2 | 0 | 0 | 2 | 6 | 17 | 0 |
Nova cortesía de Moises Fernández