Presentación
ROTEIRO CULTURAL: Camiño dos Arrieiros
Saida: 27 de marzo, 10’00h diante do local da A.VV. das Campeiras
Chegada: 19’30h
O Camiño dos Arrieiros ou Camiño Grande discorre ao longo duns 42 km., unindo As Pontes co porto de Vares. Este camiño tense empregado dende a Prehistoria como vía de intercambio comercial, constituíndo unha das rotas principais de comunicación entre os pobos do noroeste peninsular, das Illas Británicas e da península Armoricán. A vía recibe o nome dos chamados arrieiros, que durante séculos transportaron todo tipo de mercadorías ao lombo de mulas e cabalos.
Máis de 200 mámoas emprazadas nas serras da Faladoira e Coriscada, flanquean o camiño dende As Pontes a Vares. Estas construcións prehistóricas forman xunto coas pedrafitas e as cruces de pedra unha unidade patrimonial de especial interese, que fan do Camiño dos Arrieiros un dos activos culturais máis importantes do territorio.
Un itinerario no que desfrutar tamén da natureza, e dalgunhas especies protexidas como a Erica tetralix, presente en zonas enchoupadas ás que acoden a beber os centos de cabalos que viven en réxime de semiliberdade polas serras.
Nesta ocasión realizaremos un primeiro treito duns 20 km., a través dos concellos das Pontes e Mañón.
Data límite de inscrición: 26 de marzo