amigus-party veran-2008
21, 22 e 23 de agosto no Lar de ENDESA

Unha nova edición da amigus-party se está a preparar, outra vez co-organizada co concello das Pontes, coa colaboración do Grupo de Empresa de ENDESA, mancomun.org, o CESGA, a Consellería de Innovación e Industria, e Openor

Para asistir á amigus-party verán-2008 debes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instala-lo teu ordenador e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

- CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo!).
- Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45.
- Regreta de enchufes.
- Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
- D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

- Un desparafusador de estrela, para poder abri-lo teu PC se algo falla.
- Un CD de instalación do sistema operativo e os drivers das tarxetas que teñas instaladas.
- Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a amigus-party verán-2008, e que instales un antivirus.

Os horarios da amigus-party verán-2008 son os seguintes:

Abrimos o xoves ás 10:00 da maña ata as 02:00 da madrugada do venres.
O venres empezaremos as 10:00 da maña ata o sábado ás 20:00 da tarde.
Se a noite do venres vemos que fai falla pechar, abrirase de novo o sábado ás 10:00 da maña.

O prazo de inscripcion remata o 20 de agosto ás 12.00 horas, a inscrición pódela realizar cubrindo este formulario

@miguSoft-Libre

O venres de 16:00 a 20:00 temos a xornada sobre software libre, nesta edición orientada ó mundo empresarial.
O programa é o seguinte:

16:00 a 17:00: Presentación do Software Libre (GNU/Linux):
- Qué é, para quen é, e porqué é.
- Un pouco de historia.
- Licenzas.
- Distribucións.
- Pros/Contras.

17:00 a 18:00 Solucións Libres de Xestión para PEMEs
- Introdución
- Solucións Libres Xestión PEME (Linex, Codeka...)
- Codeka 1.0: Xestión de Interlocutores comerciais (clientes e proveedores), Xestión de Artigos e Familias, Xestión de Facturas e Albaráns, Vendas en mostrador (TPV), Xestión de cobros e pagos [Tesourería], Creación e configuración de códigos de barras, Xestión de copias de seguridade, Listados en formato PDF.

18:00 a 19:00 Xestión de sistemas de rede con Software Libre
- Xestión da rede.
- Servidores de datos.
- Servidores de correo.
- Servizos de bases de datos.
- Servizos web.


19:00 a 20:00 Coloquio "O Software Libre"

campionatos de @migus

Ademáis, nesta edición da amigus-party temos campionatos de Tenis (Wii Sports), Bolos (Wii Sports), Nexuiz, Mario Kart (Wii) e demostracións de xogos coas consolas de última xeración Xbox 360, PS3 e a Nintendo Wii.

Campionato de Wii Sports.  
Modalidade: Tenis
- Xogarase en modalidade de cruzamentos directos e eliminatorios, ata chegar á final.
- Cada equipo poderá estar formado por unha persoa, Individual, ou por dús, Parella.
Horario: Venres ás 20:00 horas.
Modalidade: Bolos
- Xogarase na mesma modalidade que no campionato de Tenis, cruzamentos directos e eliminatorios, ata chegar á final.
- Este xogo será exclusivamente Individual.

Horario: Venres ás 21:00 horas, ou cando remate a modalidade de Tenis.

Campionato de Nexuiz  
Nexuiz é un xogo gratuito de código aberto, shooter en primeira persoa, que se pode executar tanto en Mac OS X, Linux e Windows. Máis info en http://alientrap.org/nexuiz
- Modalidade de xogo, Deathmatch.
- O campionato consistirá nunha primeira fase de grupos, de onde sairán 8 participantes para a final.

Horario: Xoves ás 22:00 horas

Campionato de Starcraft  

• Modalidade de xogo eliminatoria 2vs2 (en función do numero de xogadores, optaráse pola modalidade individual).
•As parellas elexiran as razas antes do campionato (a mesma raza por parella) Unha vez elexida, manterase durante todo o campionato.
• Tipo mapa: Jungle.

• Regras:
       1. Nos primeiros 10 minutos esta prohibido atacar. Transcorrido este tempo darase un aviso local para o inicio dos ataques.
       2. Terminantemente prohibido o uso, de trucos, exploits ou bugs, motivo de expulsion directa.
       3. Baixo ningun concepto se admite ningun tipo de menosprezo, insultos... a outros xogadores.

Horario: venres as 23:00


Campionato de Mario kart Wii.  
Nesta party contaremos, ademáis cun campionato de Mario kart Wii.
A modalidade de xogo será elixida dependendo das persoas que estean apuntadas, podendo ser unha liguiña ou cruces directos de ata 4 persoas, etc.
Horario: Xoves ás 20:00 horas