Curso de Percusión destinado a alumnos de Grao Elemental que estudiaran polo menos un curso de Percusión.

Profesores: Ignacio Sanz Santás e Pilar García Ríos
Horarios: Mañás de 10.00 a 13.30
Prazas: 15

Ignacio Sanz Santás
Profesor do Conservatorio Profesional de Música das Pontes de García Rodríguez, realiza numerosos cursos con prestixiosos percusionistas como Fernando Llorca, Paco Ruíz, She-e-wu, Miguel Bernat, Philip Spieser, Juanjo Rubio, Juanjo Guillem. Realiza tamén numerosos cursos de pedagoxía como: Recursos para improvisar e xogar coa música, cursos de percusión corporal, Crear música e medrar coa música, etc. Becario da Escola de Altos Estudios Musicais entre 1998 e 2000, colabora habitualmente coa E.P.O. da O.S.G., Orquestra de Cámara Galega. Ten gravacións con distintas agrupacións como: Agrupación Follas Novas, Ensemble Contemporáneo de Percusión, Escola de Práctica Orquestral da O.S.G., Coruña Ensemble Instrumental... Actualmente amplía os seus estudios no C.E. Neopercusión de Madrid. Forma parte do dúo de percusión Intermission.

Pilar García Ríos
Realizou os seus estudios superiores de percusión nos Conservatorios de A Coruña e Madrid, compaxinando os estudios oficiais cos realizados no C.E. Neopercusión. En 2001 obtén o Diploma de Postgraduado de Interpretación no RNCM de Manchester. Integrante da Xove Orquestra de Galicia, Escola de Altos Estudios Musicais e colaboradora durante catro anos da Xove Orquestra da OSG. Realizou concertos con numerosas orquestras e agrupacións camerísticas en España e Inglaterra. Así mesmo foi colaboradora asídua da Orquestra Sinfónica de Galicia entre 1998 e 2001, formación coa que debutou como solista en xaneiro de 2001. Forma parte do dúo Intermission. Dentro da súa actividade como docente, foi profesora en diversas escolas de Música, nos Conservatorios Profesionais de Pontevedra e Coruña, sendo actualmente profesora do Conservatorio Superior de Música da Coruña.