Santa Icía 2007
A práctica totalidade das asociacións e agrupacións musicais das Pontes, estamos a organizar unha semana de música para celebrar esta festividade e amosar ós nosos conveciños o que estamos a facer.

Nesta edición participamos trece asociacións e agrupacións con catro festivais, cinco concertos, un concerto didáctico, unha foliada, unha charla e a habitual cea-baile de confraternización.

E como tamén está sendo habitual, homenaxeamos a un músico pontés, este ano a D. Antonio Ferreiro Cabarcos "Antolín"
Actos organizados polas Asociacións participantes
Patrocinados polo Concello das Pontes, ENDESA e as Asociacións participantes
Colabora o Concello das Pontes, Espectáculos Soto, Autobuses Gabeiras, a Asociación Informática Amigus, e a Asociación de Estudos Históricos Hume
1979 visitas