
Curso de Percusión destinado a alumnos de Grao Elemental que estudiaran polo menos un curso de
Percusión.
Profesores: Ignacio Sanz Santás e Pilar García Ríos
Horarios: Mañás de 10.00 a 13.30
Prazas: 15
Ignacio Sanz Santás
Profesor do Conservatorio Profesional de Música das Pontes de García
Rodríguez, realiza numerosos cursos con prestixiosos
percusionistas como Fernando Llorca, Paco Ruíz, She-e-wu,
Miguel Bernat, Philip Spieser, Juanjo Rubio, Juanjo Guillem. Realiza
tamén numerosos cursos de pedagoxía como: Recursos para
improvisar e xogar coa música, cursos de percusión
corporal, Crear música e medrar coa música, etc.
Becario da Escola de Altos Estudios Musicais entre 1998 e 2000,
colabora habitualmente coa E.P.O. da O.S.G., Orquestra de Cámara
Galega. Ten gravacións con distintas agrupacións como:
Agrupación Follas Novas, Ensemble Contemporáneo de
Percusión, Escola de Práctica Orquestral da O.S.G.,
Coruña Ensemble Instrumental... Actualmente amplía os
seus estudios no C.E. Neopercusión de Madrid. Forma parte do
dúo de percusión Intermission.
Pilar García Ríos
Realizou os seus estudios superiores de percusión nos Conservatorios de
A Coruña e Madrid, compaxinando os estudios oficiais cos
realizados no C.E. Neopercusión. En 2001 obtén o
Diploma de Postgraduado de Interpretación no RNCM de
Manchester. Integrante da Xove Orquestra de Galicia, Escola de Altos
Estudios Musicais e colaboradora durante catro anos da Xove Orquestra
da OSG. Realizou concertos con numerosas orquestras e agrupacións
camerísticas en España e Inglaterra. Así mesmo
foi colaboradora asídua da Orquestra Sinfónica de
Galicia entre 1998 e 2001, formación coa que debutou como
solista en xaneiro de 2001. Forma parte do dúo Intermission.
Dentro da súa actividade como docente, foi profesora en
diversas escolas de Música, nos Conservatorios Profesionais de
Pontevedra e Coruña, sendo actualmente profesora do
Conservatorio Superior de Música da Coruña.