xornadas mouras
xornadas mouras
Programa
<< Volver
11:00 a 11:30 horas
Moncho do Orzán: O cantar do arrieiro

Ramón Rodríguez Palleiro (A Coruña, 1985) é coñecido no mundo musical da Coruña como Moncho do Orzán.

A súa traxectoria artística está marcada pola súa profunda vocación musical e a súa paixón pola cultura galega. Formouse no mundo da gaita da man de Raúl Galego e Ricardo Santos. Foi membro dos grupos "Barallete" e "Os Cataventos", cos que percorreu boa parte da xeografía galega, e vogal da Asociación de Gaiteiros Galegos nos anos 2004 e 2005.

Na actualidade é corista e vicearquiveiro do histórico coro "Cántigas da Terra" da Coruña, coordinando o proxecto de posta en valor e recoñecemento do arquivo desta Institución, sen dúbida un dos máis ricos da música tradicional galega. Del forman parte foliadas, pandeiradas, alalás, cantos de arreiro... case todos recollidos na primeira metade do século XX, antes de que a radio e a televisión entrasen nas aldeas.

Colabora tamén na revista mariñana "A Xanela" na súa sección de folclore e vén de presentar por diferentes lugares da nosa xeografía unha palestra titulada "Os Coros das Irmandades, un xeito de vivir o País".

xornadas mouras