xornadas mouras
xornadas mouras
Presentación
VII XORNADAS MOURAS: pasado, presente e futuro do Patrimonio Cultural das Pontes

Sábado 14 de novembro de 2015
Lugar: Lugar: Centro de Usos Múltiples Casa Dopeso
As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

As Xornadas Mouras teñen como obxectivo a divulgación e difusión do patrimonio cultural. Nesta nova edición prestaremos especial atención ás primeiras escavacións arqueolóxicas nas Pontes, aos obxectos materiais nelas atopados e aos primeiros estudos etnográficos realizados.

Para esta achega sinxela contamos cos primeiros arqueólogos que escavaron nas Pontes no derradeiro cuarto do século XX, que nos falarán das súas experiencias na escavación de xácigos arqueolóxicos das Pontes, os achádegos materiais atopados e o camiño a seguir de cara á súa posta en valor e dignificación. Contaremos asemade coa participación dalgúns particulares que teñen na súa propiedade pequenas coleccións de materiais arqueolóxicos, e que levan tempo demandando a creación dun museo ou exposición permanente para recoller estas coleccións particulares. Na actualidade o Concello das Pontes ten en custodia unha colección de materiais arqueolóxicos que ao noso entender debera ser estudada e posta en valor, co fin de dala a coñecer, pois é ao fin e ao cabo a nosa cultura material representada a través de obxectos de todo tipo dos últimos 6.000 anos no noso concello.

As palestras terán lugar no centro de usos múltiples Casa Dopeso, na mañá do sábado 14 de novembro. Realizaranse dúas conferencias a partir das dez da mañá e unha Mesa Redonda con diferentes expertos en musealización e conservación do patrimonio.

Data límite de inscrición: xoves 12 de novembro

xornadas mouras