Para inscribirse no curso tes cubrir o formulario que tes a continuación ou ben
chamar ó Conservatorio en horario de 9.30 a 13.30 horas ata o venres 4 de xullo.
O teléfono do Conservatorio é o 981 44 00 24.
Ademáis tes que aboa-la cuota de inscrición.
- No caso dos cursos de piano e percusión, esta cuota é de 10 euros que terás que
pagar no Concello levando este impreso
taxas.odt ou este
taxas.pdf cuberto por triplicado.
So debes cubrir o teu nome en
"Recibín de", elixir o curso en
"DETALLE DA LIQUIDACIÓN"
e poñer a data.
- No caso do obradoiro de novas tecnoloxías aplicadas á música a cuota é de
60 euros, salvo se es socio da A.NN.PP.AA. 'O Eume', que é de 20 euros. Terás que facer
un ingreso na conta da A.NN.PP.AA 'O Eume':
2091 - 0230 - 20 - 3000135369 de Caixa Galicia,
indicando o nome e apelidos do alumno.
Se tes algunha dúbida, non deixes de achegarte polo Conservatorio a preguntar, ou ben no teléfono
981 44 00 24