Xa estamos coa cuarta edición dos cursos de verán no Conservatorio Profesional de Música das Pontes, que organizamos en colaboración coa A.NN.PP.AA. 'O Eume'. Este ano contamos con catro cursos:

- A quinta edición de Percu-Són
- A cuarta edición de Piano-Pón
- A cuarta edición de Iniciación á música para rapaces
- A primeira edición do Obradoiro de Novas Tecnoloxías aplicadas á música

A matrícula nestes cursos poderase facer no Conservatorio das Pontes:
Avda. As Veigas s/n, ou ben no teléfono 981 440024, ou ben cubrindo este formulario

A matrícula dos cursos de piano e percusión será de 10 euros.
A matrícula do obradoiro de novas tecnoloxías aplicadas á música será de 60 euros, salvo para os socios da A.NN.PP.AA. 'O Eume', que será de 20 euros.
O curso de iniciación á música será gratuito.