Club de Montaña O Caxado – Costa da Morte
Os dias 11 e 12 de Xuño os compañeiros do Club de Montaña O Caxado foron ata a Costa da Morte para facer varis rutas na zona de Laxe, deixovos a cronica que amablemente nos mandou o noso compañeiro Julio, natural da zona quen ademais fixo de guia.
Ruta do Sábado, por terras de Laxe
Saimos de Laxe dirección a Coens e despois de andar uns 4 ou 5km chegamos o alto do Monte da Lagoa, dende o que podemos contemplar todo o val de Traba, así como a Serra da Pena Forcada ( máis coñecido como os Penedos de Traba ). Baixamos hacia Aplazaduiro, en onde vimos o dolmen da Fornela dos Mouros. E volta a subir hacia os penedos de Traba, neste caso hacia a Torre da Moa. Na Torre da Moa, formada por enormes bloques soltos de rochas graníticas de diversas e caprichosas formas zoomórficas poidemos disfrutar dunhas excelentes vistas da praia de Traba. Cerca, está a Pena Forcada ou Gallada, a cal, tamén subimos. Volta a baixar e a subir de novo, neste caso os Penedos de Mórdomo para seguir contemplando todo o val de Traba e máis as ” Caras de Monos” . O regreso a Laxe vai todo pola costa, pasando a Lagoa de Traba, praia de Arnado e a de Soesto.
Ruta do Domingo, Ponteceso-Corme-Ponteceso: ( Camiño da Ribeira: Do Río Anllóns ao mar de Corme)
Esta ruta comeza na ponte de Ponteceso, ó lado da casa natal do poeta Eduardo Pondal e a ruta continúa seguindo as augas do río Anllóns, polo paseo fluvial e o “malecón” do Couto (dique de terra). O percorrido segue bordeando a enseada da Insua polas abas do monte Branco, desde onde hai unhas impresioantes vistas sobre as dunas da enseada da Insua.
O camiño segue pola beiramar ata a praia de Balarés. Desde aquí a ruta discorre polos cantís do monte da Facha, pasa por Gondomil e chega ata a Pedra da Serpe, curioso símbolo pagán cunha escultura dunha serpe alada. A ruta continúa cara a praia da Ermida e dende aquí segue cara Corme. A volta faise polo monte dos Loureiros e polo Alto das Travesas ata chegar ó Alto do Monte Blanco onde disfrutamos dunhas preciosas vistas do estuario do Anllóns como da Ria de Corme e Laxe.
Nova cortesía de Julio e Chucho