As Pontes

Presentación Amigus

A Asociación Informática Amigus foi fundada no ano 2002 por un grupo de veciños das Pontes, con gustos en común, no uso de novas tecnoloxías, Informática e Internet.

Tra-la creación no ano 1996 do canal de irc #aspontes, veciños das Pontes, comezaron a contemplar o forte auxe das novas tecnoloxías e como as novas xeracións empregaban estes novos medios de comunicación para poñerse en contacto cos seus amigos. Non só é e era frecuentado por veciños das Pontes, senon tamén por antigos veciños que por motivos persoais ou de estudios seguen botando de menos a nosa cidade.

A raiz deste efecto, un grupo destos internautas comezou a ve-la necesidade de fomentar non só xuntanzas on-line, senon crear un punto de unión en Internet no que os veciños tivesen un punto de referencia.

A finais de 1998 creouse a primeira versión de as-pontes.com, un lugar onde fomentar a nosa cidade e ter recursos útiles para os nosos veciños, amigos e visitantes.
A traveso desta iniciativa, e escoitando as peticións de moitos deste grupo de usuarios, comezouse a sentir palpable unha necesidade, de empezar a facer xuntanzas onde uns e outros compartisen as súas experiencias e nos axudásemos coa evolución destas novas tecnoloxías.

No nadal do ano 2002, atrevímonos a realicar a primeira Party Amigus, unha xuntanza de usuarios, no Colexio da Fraga, onde cada un, co seu equipo informático, deixaba de estar na soidade do seu cuarto, para compartir cos demais coñecementos.

O 24 de Xullo de 2003, crease o que é a nova web de Amigus (amigus.org) un novo portal, con información actual de novos productos, así como novas locais, promoción de artistas locais, festas, feiras e demáis actividades que se celebran nas Pontes. Pouco a pouco se foi engadindo máis contido á web, como é o caso do Rueiro, unha forma de coñecer As Pontes de García Rodríguez, as súas rúas, os seus lugares de interese, así como a posibilidade de realizar unha visita virtual á nosa cidade.

Ata a data, a web recibiu máis de 4.000.000 visitas, dispón de máis de 15.000 novas repartidas en 38 categorías. Un álbum fotográfico das Pontes de máis de 10.000 imaxes destacando as das Festas de Fraga, unha das seccións máis visitadas da web.

Ademáis como forma de promoción local, os apartados Sons da Vila e Deporte Pontés, son un punto referente de promoción dos grupos locais.

Todo elo, realizado de forma desinteresada por veciños das Pontes, fan que sexa unha das web con máis visitas da comarca.

Ademáis de todo elo, Amigus, organizou gran cantidade de obradoiros e cursos para os seus socios que se desenvolveron dentro das Parties ou ben en datas puntuais ó longo da súa andaina.

Tras estas experiencias, e grazas ó apoio de veciños e outras asociacións locais, Amigus desenvolveu, un centro dirixido a comercios locais en Internet, MercaNasPontes.com.

A intención desta páxina é que calquera de vos poida expoñer o que pensa ou o que fai. Así que se queres podes participar nos foros ou ben enviarnos unha nova a redaccion@amigus.org que publicaremos tan pronto poidamos.

ASOCIACIÓN INFORMÁTICA ‘AMIGUS’
Apdo. de correos 134
15320 As Pontes de García Rodríguez
www.amigus.org
info@amigus.org