Este pasado sábado, 8 rápidos rapaces tiveron a ocasión de virse divertir con nós grazas á deputación da Coruña e ó concello das Pontes nun curso da placa Echidna para Arduino e dar un paso máis na programación por bloques con Scratch, ou coma neste caso, mBlock.
Da man de Ciencia Kids, puideron coñecelo hardware da placa para , con unhas explicacións sobre o programa, seren quen de argallar.
Cos ledes que ten a placa foron quen de programar un semáforo e engadindo o altofalante, mesmo fixeron unha sesión de discoteca.
Para rematar, aprenderon dous usos para o joystick. Por unha banda fixeron un pequeno programa que lles permitía debuxar con el e logo un pequeno videoxogo.
Agardámosvos na vindeira xornada!