Amigus
As Pontes

Campamento Dixital

Novo curso de competencias dixitais con Cibervoluntarios

Amigus volve colaborar coa fundación Cibervoluntarios para poñer en marcha un novo programa gratuíto e presencial no que os máis pequenos poderán descubrir Internet dun xeito diferente.

A través de xogos, retos e actividades prácticas, aprenderán a utilizar a tecnoloxía de maneira creativa e segura, desenvolvendo o seu pensamento crítico e novas competencias dixitais.

Durante as actividades poderán experimentar, crear e compartir en grupo, descubrindo que Internet tamén pode ser un espazo para aprender, expresarse e colaborar.

Unha nova oportunidade para que os nenos e nenas se acheguen ao mundo dixital dunha maneira divertida e práctica.

Esta actividade está financiada polo Ministerio de derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030.

 

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.