Amigus
As Pontes

SEGUNDA REXIONAL. CD AS PONTES 2 – CD CARIÑO 1.

Partido este domingo á tarde no Poboado

Magnífica sétima vitoria en dez partidos para o As Pontes que hoxe remontou ante o Cariño e acabou gañando 2-1 cun xogador menos.

Adiantaronse os visitantes cando Daniel quedaba so ante Lino, que hoxe volveu xogar no Poboado moitos anos despois, e o batía por baixo.

Peros os azuis empataban antes do descanso por medio de Portela, que mesmo xoga de porteiro, que de lateral, coma de goleador. E xusto tralo reinicio Luis Molina anotaba o segundo.

Aguantaron os locais a vitoria mesmo xogando os últimos vinte minutos cun xogador menos, e xa son 22 puntos de 30 nunha magnífica terceira praza, con próxima complicada visita ao Monfero, sexto con 16.

Xogaron Lino, Samuel, Luis, Xoel (Lozano 45´), Xandre, Echávarri, Diego, Portela (Leal 74´), Martínez, Khalilou, Carlos.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.