Amigus
As Pontes

Campamento de Ciencia e Tecnoloxía 2026

Presentamos o campamento de ciencia e tecnoloxía 2026 de Amigus, que este ano repite ubicación no local do pulpo a carón do parque da Fraga e terá lugar na primeira semana de Agosto. O campamento terá unha duración de 5 días, de luns 3 a venres 7, en horario de 9 a 14h horas.

Como ven sendo habitual, as rapazas e rapaces entre 5 e 14 anos descubrirán a ciencia na cociña, aprenderán de forma interactiva sobre botánica, explorarán o cosmos grazas ao noso planetario inchable e realizarán numerosos experimentos. Ademais, terán a oportunidade de iniciarse na programación e na montaxe de diferentes placas electrónicas, sen esquecer as manualidades e outras actividades creativas que completarán unha semana chea de aprendizaxe e diversión.
Pode acceder o formulario de inscripción a partir do día 15 de xullo as 9h a través do qr ou do seguinte enlace:

https://forms.gle/YuTjkkdhmDzz3xvT9

Agardamos compartir con vós unha nova edición deste campamento que, ano tras ano, se converte nunha das actividades máis especiais do verán de Amigus.

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.